xoves, 28 de novembro de 2019

Compost para o noso horto

No CEIP Purilingüe de Castrelo do Val gústanos separar para reciclar, reutilizar e aproveitar ao máximo os materiais para producir menos lixo.

Hai uns días recibimos o necesario para empezar a facer compost para cando chegue o momento de sementar no noso horto.



Imos levando os restos vexetais do comedor, da froita que merendamos, as follas que caen das árbores que temos no patio... e remexemos todo ben.

Ningún comentario:

Publicar un comentario