Con motivo do día Internacional das Persoas con Discapacidade que se celebra o 3 de Decembro, no noso cole realizamos diferentes actividades. Hoxe dividímonos en tres grupos para o visionado de diferentes vídeos.
En Educación Infantil viron o vídeo de "Cuerdas" que narra a amizade entre unha nena e un neno con parálise cerebral. Deixámosvos o vídeo para que poidades velo.
As alumnas e alumnos de primeiro e segundo de educación primaria viron o vídeo "El sueño de Pedro", unha divertida historia que trata sobre as barreiras de comunicación coas que se atopan en ocasións as persoas xordas.
As alumnas e os alumnos de terceiro, cuarto, quinto e sexto de primaria disfrutaron con dous preciosos vídeos que vos deixamos tamén a continuación.
E o vídeo de "Auténticos"
Pero o vídeo que máis lles gustou a todos os nenos e nenas de todos os grupos foi o da súa compañeira Valeria: La sonrisa de Valeria contra el "Monstruo Ataxia"
Para finalizar terminamos bailando en todos os grupos o Scene Mob que fixeron dende a asociación ECOM coa canción de Macaco "Mensajes del agua"
Ningún comentario:
Publicar un comentario