Ímosvos
presentar como facemos posible día a día a Integración do alumnado con
necesidades no noso centro.
O
noso desexo era que todo o mundo se puxese no lugar daquelas persoas que teñen algún
tipo de discapacidade e, para iso, fixemos que o Día Internacional das Persoas
con Discapacidade fose un día especial para todos no noso centro.
Na
hora de ler, os rapaces e rapazas do
grupo de 6º de Primaria, van rotando cada día para ler un conto á súa
compañeira Noelia.
Nas clases de
Psicomotricidade divertímonos moito. Todos disfrutamos da compaña de todos.
Axudándonos uns aos outros, facemos que a integración sexa posible.
A
hora de recreo é un momento de lecer. A
todos nos gusta pasalo ben e moito máis
se é en compañía.
As
novas tecnoloxías son unhas armas imprescindibles a nosa Aula. As alumnas
adquirindo os novos conceptos a través da pizarra dixital.
Ningún comentario:
Publicar un comentario