martes, 12 de xullo de 2016

Entrevista a Carmen

Con motivo da recente xubilación da cociñeira Carmen Manso, os alumnos de 6º de Primaria decidimos facerlle unha entrevista para o blogue do centro:

Bos días, Carmen. Cantos anos levabas cociñando?
32 anos.

Cal é a túa comida favorita?
O polo asado.

Que prefires, cociñar no colexio ou na casa?
Nos dous sitios.

Que prefires cociñar?
Lentellas e tortilla de patacas.

Como chegaches a cociñar no colexio?
Presentáronse moitas candidatas. Escolleron e quedamos tres e, ao facer un exame, gañei  cun 9.


Que ano foi o mellor ou máis divertido no colexio?
Gustáronme todos.

Botas de menos cociñar no colexio?
O traballo era moito para unha soa persoa, pero boto de menos aos profesores e aos alumnos.

Cantas horas lle adicabas á cociña?
Uns días estaba 8 horas e outros, 10.

Gustouche estar no colexio?
Encantoume.

Gustáronche os regalos que che fixeron?
Si, moito.

Marchaches feliz do colexio ou triste?
Marchei feliz porque me xubilei pero triste porque vos boto de menos.

Por que quixeches ser cociñeira?
Porque me gustaba cociñar.


Gustaríache quedar máis tempo no colexio?
Non.

Gustáballe a comida aos rapaces?
Si.

Gustaríache ter reformado a cociña mentres estiveches no cole?
Si.

Que cociñabas máis a miúdo?
O peixe.

Con cantos anos comezaches a cociñar?
Con 14 anos xa comecei a traballar nunha unitaria que había en Castrelo.


E ata aquí a entrevista. Moitas grazas, Carmen. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario