mércores, 22 de xuño de 2016

Concerto de Odaiko

O pasado 12 de febreiro de 2016, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria fomos ao Auditorio de Ourense a ver o espectáculo “COUSAS DE 4”, a cargo de ODAIKO .


A base deste espectáculo son instrumentos do mundo da percusión contemporánea, elementos de nova creación, comicidade nas olladas e moita improvisación e efecto sorpresa. Catro van ser os elementos que definan este show que busca que o enxeño se retroalimente e evolucione, e que o camiño da creación continúe espertando.

"É un espectáculo moi divertido. Recoméndollo a todo o mundo." Alex, 5º de Primaria.

"Foi moi divertido, interesante e aprendimos un montón de cousas." Alejandra, 4º de Primaria.


Ningún comentario:

Publicar un comentario