xoves, 17 de marzo de 2016
Cambios no colexio
O martes 8 de marzo o C.E.I.P Castrelo do Val decidiu cambiar os protectores das columnas por motivos de que xa estaban rotas e non protexían. O cambio foi para mellor porque os nenos pequenos non teñen tanto coidado á hora de xogar.
Tamén nunha columna de cor vermella para que destacara puxeron un punto de emerxencia para reunirnos á hora de que houbera algún imprevisto. Tamén pensaron en facer un simulacro de incendios para estar sempre preparados e seguros.
Están pensando en facer mais cambios para o ben dos rapaces.
Temos discapacitados no noso colexio e fainos moi felices a nós e a eles cando xogamos xuntos. Para o seu benestar puxeron unha serie de medidas que facilitan o seu desprazamento etc. Entre esas medidas fixeron un baño para uns rapaces que van en cadeira de rodas ou levan andador, puxeron mesas para os rapaces e rapazas discapacitados.
No colexio fixeron un cambio no parque infantil, quitaron o tobogán porque se soltou e os rapaces podian caer , taparono con unhas baldas de madeira para que non se caerán ou se fixeran dano. Para o ano que ven teñen pensado quitar a torre enteira do tobogán porque xa están moi vellas.
Nerea, Álvaro, Óscar e Jose (6º de primaria)
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario