No cole de Castrelo somos moi festeiros e despois do desfile de onte, hoxe seguimos de festa!!... e vaia día de festa! Pola mañá corremos cos compadres e as comadres e pola tarde papamos filloas e tarta de obleas que nos fixeron os profes e orellas de entroido que nos mandou a mamá de Icía, moitas grazas Cecilia ... e todo isto disfrazados coas nosas mellores galas!
Mirade que venres de entroido máis divertido!